Movistar+ ofrecerá unha canle de televisión para promocionar o novo filme de Star Wars
luns, 21 de setembro do 2015
- Simon Amselem, conselleiro delegado de The Walt Disney Company España e Portugal e Ignacio Fernández-Vega, director de Movistar+ en Telefónica España
A loita polos dereitos de retransmisión da Liga BBVA e
outras competicións durante o verán deixou claro que as actuais plataformas
dixitais están a dar moita importancia aos contidos á hora de captar público, e
como outro exemplo máis temos que Telefónica de España a The Walt Disney
Company Iberia pecharon un acordo polo que os
usuarios de Movistar+ poderán acceder á máis ampla oferta de contidos de Star Wars vista en televisión no
territorio español.
Este novo acordo presentouse no marco do Festival de Cine de San Sebastián por
parte de Simon Asemselem, conselleiro delegado de Disney para España e
Portugal, e Ignacio Fernández-Vega, director de Movistar+ en Telefónica España.
A plataforma televisiva de Telefónica ofrecerá programas de produción propia (como
El Imperio de los Fans ou Star Wars Celebration), as dúas
triloxÃas cinematográficas de Star Wars,
e incluso o filme Star Wars: El Despertar
de la Fuerza poucos meses despois de que chegue aos cines o 18 de decembro.
De feito, esta estrea nas salas de exhibición vai apoiarse coa aparición da
canle Movistar+ Star Wars durante os 15 dÃas previos á chegada do novo filme,
promocionando asà o lanzamento con pelÃculas, documentais e outros espazos que
poderán gozar das facilidades do vÃdeo baixo demanda e multi-dispositivo.