Movistar leva a súa fibra óptica a 413 novos fogares e locais de Valga

martes, 28 de xullo do 2020 S. P.

Telefónica compartiu con nós o seu balance sobre os traballos recentes despregados en Valga para dotar o concello pontevedrés con máis cobertura de Fibra Óptica Até o Fogar (FTTH polas súas siglas en inglés). Os labores saldáronse coa incorporación á zona de cobertura de 412 novas vivendas e empresas, que se suman ás 469 que xa contaban con este servizo da operadora, o que supón, nas súas palabras, unha zona de influencia que abrangue o 35% do municipio. As novas unidades inmobiliarias en cobertura sitúanse en 6 núcleos de poboación: Baño, Cedelo, A Devesa, Medela, Ponte Valga e Senín.
A posta en cobertura destas unidades inmobiliarias, que xa foi comunicada ao alcalde do municipio, José María Bello, significa que aquelas poderán gozar da fibra óptica de Movistar, que ofrece voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computador, tableta, móbil) de xeito simultáneo e sen reducir velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, engade a operadora no seu balance, “se os usuario dispoñen de Movistar+ terán acceso a canles de alta definición e poderán gozar dos seus contidos mentres navegan por Internet”. Igualmente conseguirán a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.
O director de Territorio Norte de Telefónica, Javier Zorrilla, puxo o foco na importancia detas infraestruturas para “contribuír ao benestar dos cidadáns e ao desenvolvemento do municipio”, ao tempo que agradeceu a colaboración e a predisposición do Concello “á hora de conceder os permisos necesarios para levar a cabo o fornecemento dunha rede que se demostrou fundamental durante a crise do COVI-19”.
O despregue nos novos fogares que entran agora en cobertura está impulsado polo Ministerio de Economía a través do Plan Nacional de Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración - PEBANG. Telefónica continúa así coa súa política de colaboración público-privada para situar a Galicia, nas súas palabras, “á vangarda en infraestruturas de telecomunicacións de última xeración”. A finais de 2019, o 60% da poboación da provincia de Pontevedra contaba con cobertura de fibra óptica (FTTH) de Movistar, o que supuxo un total de 347.315 vivendas e negocios e un 14,7% máis que no exercicio anterior. A previsión é que na provincia entren este ano en cobertura outras 43.854, tamén en núcleos dispersos e orograficamente complexos, aumentando en máis dun 12,6% a poboación pontevedresa que poderá gozar da fibra óptica de Telefónica.

PUBLICIDADE