Movistar leva a atención ao cliente a Facebook

luns, 11 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Para achegarse aos seus clientes a operadora Movistar vén de estrear unha aplicación na súa páxina de Facebook chamada ¿Te ayudamos? dende a que é posible realizar consultas sobre servizos móbiles, terminais, canles de televisión, promocións, dúbidas… en definitiva, que o servizo de atención ao cliente da compañía ten unha sucursal virtual na plataforma de Mark Zuckerberg, o que permite unha resposta máis cómoda que as que habitualmente recíbense tras unha longa e incómoda espera ao teléfono cando chamamos aos números de atención das distintas compañías.
A aplicación vén a ser unha interface de acceso aos foros de Comunidad Movistar, pero ao poder accederse aos mesmos dende Facebook mellórase a visibilidade deste servizo que serve principalmente para resolver dúbidas con axilidade, á vez que é posible compartir as mensaxes a través de Facebook.

PUBLICIDADE