Movistar lanza unha agresiva promoción de fibra para estudantes

martes, 13 de setembro do 2022 Marcus Fernández

De cara ao comezo de curso Movistar está a revolucionar as tarifas de fibra óptica no fogar con Movistar Conecta 1 Gb para estudantes, tarifa en promoción por tempo limitado que mantén as súas condicións durante 9 meses sen cota de alta nin permanencia, ou sexa, que claramente está destinada para satisfacer as necesidades dun curso académico.
Esta tarifa en promoción ofrece fibra simétrica de 1 Gbps, teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles, router Smart WiFi e instalación de balde por 29,90 euros/mes, o que semella unha oferta sen competencia (coas esas condicións) á que incluso poden acollerse dende fogares son cobertura de fibra óptica (aos que ofrecerán ADSL de até 20 Mbps).

PUBLICIDADE