Movistar incorpora 2 novos móbiles ao seu programa de puntos
martes, 6 de abril do 2010
O mes de abril está a ser movido no sector da telefonÃa móbil, e
aÃnda que o sistema operativo Android busque protagonizar estas semanas, hai
moita oferta lonxe do paraugas de Google, e coma mostra temos que Movistar
vén de incorporar ao seu programa de puntos os terminais Sony Ericsson Vivaz e
Samsung Onix S5620.
O Sony Ericsson Vivaz destaca pola súa cámara de 8 MpÃxeles, grava vÃdeo en
alta definición, conta cunha memoria microSD de 8 Gb, conectividade HSPA,
Wi-Fi, GPS e Bluetooth, e pode adquirirse de balde por 156.400 puntos e un
compromiso de permanencia de 18 meses ata por 361 euros e 6.500 puntos. No caso
de contratar co móbil unha tarifa de datos o terminal pode saÃr de balde por
119.400 puntos e 24 meses de compromiso de permanencia ata 242 euros con 6.500
puntos e 18 meses de permanencia.
O Samsung Onix S5620, sen ser un terminal tan coñecido, tamén goza de boas
prestacións, coma conectividade HSDPA, Wi-Fi, GPS, Bluetooth, cámara de 3,15
MpÃxeles, pantalla TFT capacitiva de 3 polgadas e interface TouchWiz 2.0 Plus
(que integra as principais redes sociais e aplicacións de mensaxerÃa
instantánea) e pode conseguirse de balde por 40.300 puntos, tarifa de datos e
un compromiso de permanencia de 18 meses ata por 195 euros con 3.500 puntos.
- Táboa de puntos e prezos para adquirir o Sony Ericsson Vivaz ou o Samsung Onix S5620 dende Movistar