Movistar comercializará dobre e triple oferta de 100 megas sobre fibra óptica

luns, 12 de xullo do 2010 Raquel Noya

A mediados de agosto, a compañía de telefonía máis importante do noso país, Telefónica, vai lanzar ao mercado novas modalidades de dobre e triple oferta con velocidades de 50/5Mb a un prezo bastante atractivo para calquera peto.
Deste xeito, os clientes da compañía poderán realizar descargas máis rápidas, conectar múltiples dispositivos a Internet ao mesmo tempo e ter a mellor experiencia de xogo en liña, por un prezo que non supera os 55 euros ó mes.
Trátase do paquete Movistar Futura 50/5 Mb, que comezará a comercializarse a partir de agosto e que ofrece a tecnoloxía máis avanzada en fibra óptica para o fogar.
Na mesma data, MoviStar tamén porá no mercado o paquete MoviStar Futura 50/5 Mb Imagenio Familiar DVR, unha nova versión da triple oferta mellorada con altas velocidades e unha TV aínda máis completa que poderá adquirirse por 75,77 euros ó mes.
Porén coa chegada do outono, os responsables de MoviStar xa anunciaron o lanzamento do paquete MoviStar Futura 100/10 Mb por tan só 64,87 euros ao mes, que multiplica por 10 a velocidade de baixada de datos.
Asemade, a compañía de telefonía lanzará ao mercado un paquete con TV e a nova velocidade 100/10Mb, o MoviStar Futura 100/10 Imagenio Familiar DVR, que sairá ao mercado por unha cota mensual de 68,87 euros ao mes.
Con esta nova oferta, MoviStar asegura estar a preparar os fogares para os servizos de comunicacións e entretemento do futuro e “posibilitar que os usuarios poidan dispor hoxe dunha oferta de última xeración coas máximas prestacións”.

PUBLICIDADE