Movistar achega aos seus clientes 100 Mbytes de almacenamento virtual

mércores, 4 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de Movistar poden acceder xa ao novo servizo Espacio Personal, que permite gardar os seus contidos (fotografías, vídeos, mensaxes de texto e aplicacións) nun almacén virtual cunha capacidade total de 100 Mbytes.
O material se pode subir ao espazo virtual dende un PC ou mediante mensaxes ao 543 (un custo de 17 céntimos se é texto ou 35 céntimos se é multimedia), estando o servizo libre de cotas de alta ou mantemento.

PUBLICIDADE