Movistar Plus+ integrará Max e SkyShowtime

venres, 15 de decembro do 2023 Marcus Fernández

A oferta audiovisual de Movistar Plus+ mellorará considerablemente en 2024 grazas aos acordos que vén de pechar para traer contidos de Warner e SkyShowtime. Por unha banda temos que SkyShowtime incorporarase á oferta de televisión de Telefónica, incluíndose sen custo adicional dentro do paquete Ficción miMovistar, á vez que parte dos seus contidos tamén formarán parte dunha nova canle lineal de cine e series chamada tamén SkyShowtime.
Esta sería a primeira integración de SkyShowtime cun operador de telecomunicacións e, en contraste, temos que o remate do acordo de exclusividade de HBO con Vodafone facilita que en primavera Movistar Plus+ vaia poder integrar a versión renovada de tal plataforma, Max.
Paralelamente a partir do 1 de xaneiro o paquete Ficción miMovistar ofrecerá destacados títulos de Warner Bros. Discovery (como Barbie, Blue Beetle e La Monja 2).

PUBLICIDADE