Motorola renova o seu teléfono modular
venres, 2 de xuño do 2017
Motorola non tirou a toalla cos seus teléfonos modulares, e
decidiu presentar unha segunda xeración do seu Moto Z Play, que continuará a
ampliar a súa experiencia cos accesorios coñecidos como Moto Mods. O Moto Z2
Play é un novo teléfono con carcasa unibody de metal e pantalla Super
AMOLED Full HD de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 626 de 8 núcleos,
e baterÃa de 3.000 mAh (o que supón unha autonomÃa de até 30 horas, capaz de
funcionar durante 8 horas con só 15 minutos de carga).
O teléfono integra unha cámara traseira de 12 MpÃxeles con apertura f/1.7,
cámara frontal de 5 MpÃxeles con flash de dobre LED, e ponse á venda en dúas
versións: unha con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento e outra con 4 GB de RAM
e 64 GB de almacenamento (ambos ampliables mediante tarxetas microSD). O primeiro
mercado no que se vende este smartphone é Brasil, onde está xa dispoñible por
1.999 reais (545 euros).
Un detalle curioso do novo modelo de Moto Z Play é que reduciu o seu grosor e o
seu peso, aÃnda que a costa de perder baterÃa, decisión algo discutible.
Entre os Moto Mods que están dispoñibles destacan o Moto GamePad (que converte
o teléfono nunha consola portátil), o JBL SoundBoost 2 (que mellora a calidade
sonora do terminal), o Moto TurboPower Pack (que incrementa a autonomÃa do
teléfono até un dÃa máis) e o Moto Style Shell with Wireless Charging (que engade
carga sen fÃos).
VÃdeo promocional do Moto Z2 Play