Morre a blogueira máis vella do mundo

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Olive Riley, a blogueira máis vella do mundo aos seus 109 anos, faleceu a pasada fin de semana, de xeito que a australiana que levaba máis dun ano contando as súas vivencias a través dunha bitácora de Internet coa axuda dun amigo, Mike, que facía de intermediario entre a muller nacida no século XIX e a rede global que define ao século XXI.
Como unha das anécdotas nos seus últimos días, Olive contaba que a súa compañeira de cuarto no hospital recibiu a visita da súa filla, cantante profesional, e se animou a cantar con ela, no que case foi un recital.:


A nosa benquerida María Amelia tamén sentía admiración pola blogueira australiana, e agora a muxiá de 96 anos podería ter a honra de ser a blogueira de máis idade do mundo, agardemos que por moito tempo.

PUBLICIDADE