Moo estrea un servizo de impresión de autocolantes

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A empresa británica Moo, que destacara por lanzar un servizo de impresión de tarxetas de visitas baseado en imaxes hospedadas en Flickr, quere continuar a tirar proveito do seu éxito e así, agora estrea un servizo de creación de autocolantes que poden reproducir imaxes achegadas non só de Flickr, senón tamén doutros servizos coma Bebo, Vox, Fotolog, Lifejournal e mesmo Second Life, que empregarán como reclamo para que a xente o probe cunha promoción de portes de balde durante o mes de xullo (e tamén están regalando invitacións para probar o servizo dende distintos blogs).
Por 7,49 euros pódese encargar un StickerBook, que é un libriño no que se inclúen 90 autocolantes diferentes de 22 x 22 mm repartidos en 15 follas dun vinilo de alta calidade e grande resistencia o que os converte nunha opción para decorar ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, consolas de videoxogos, mochilas, carpetas e outros obxectos de uso cotián.
Dende Moo agardan repetir o éxito das súas tarxetas de visita, das que venderon varios millóns para 143 países.

PUBLICIDADE