Mondoñedo celebrará unha conferencia sobre o uso das TIC a prol do seu patrimonio
mércores, 2 de novembro do 2016
Empregar
as novas tecnoloxÃas para poñer en valor o patrimonio dun lugar
determinado é unha realidade da
que non se pode fuxir,
pois para salvagardar e amosar a esencia de
algo (e facelo
de xeito eficaz) cómpre pasar a través da xanela
virtual, converterse ao dixital. Asà o entenden en Mondoñedo,
onde profesionais expertos nos eidos da comunicación dixital e da
historia contemporánea achegarán unha conferencia na que analizarán
as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxÃas
ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais.
A
conferencia,
titulada O
Mundo do Futuro,
celebrarase este
venres
(4
de novembro),
a partir das 20 horas, no Centro Comarcal de Mondoñedo. Detrás
desta proposta está o Concello de Mondoñedo,
a Universidade Rei Juan Carlos e o proxecto Retinae.
Máis
polo miúdo, os
relatores
deste encontro
farán fincapé nas redes sociais
e na internet como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e
mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais. Na
conferencia intervirán o Dr. Felipe R. Debasa Navalpotro (profesor
de Historia Contemporánea e Mundo Actual na Universidade Rei Juan
Carlos de Madrid, URJC). No eido da comunicación dixital,
participará José Ramón Saura (Google
Developer Groups Organizer, doutorado
en Marketing Dixital pola URJC e persoal de Proxectos de
Investigación do Centro de Estudos Europeos URJC).