PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Mobuzz TV bota o peche

martes 25 de novembro do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

JPEG - 47.5 KB
Dosis Diaria, programa estrela de Mobuzz TV

Nas últimas semanas falamos dos problemas económicos de Mobuzz TV, que fixera que os seus responsables iniciasen unha campaña para salvar á empresa de vídeo por Internet do seu peche, e tras anunciarse que superaran os atrancos atopados no camiño, na Internet xa se comenta que veñen de botar o peche, como confirmaría o feito de que a última entrega de Dosis Diaria (o produto insignia da compañía) estea datada no pasado 19 de novembro.
Pese a que non hai unha versión oficial sobre o asunto, se comenta que o fundador da empresa, Anil de Mello, comunicou onte aos seus traballadores que se declarará insolvente, e os 14 membros do cadro de persoal de Mobuzz TV terían asinado o seu despido en disconformidade e están a buscar un xeito de organizarse para cobrar algún tipo de indemnización (así como que se clarexe o destino dos fondos achegados polos usuarios na campaña para salvar á empresa que superarían os 32.000 euros).
Sorprende esta nova despois de que Anil de Mello durante pasada edición do Evento Blog España falase da situación da empresa dun xeito bastante positivo, pois resulta raro que nunha semana puidesen cambiar as tornas tan radicalmente.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS