Mimio presenta a última versión do seu software Studio 6 para Windows, Mac e Linux

xoves, 18 de febreiro do 2010 Raquel Noya

Mimio, a firma provedora de solucións portátiles aplicadas ao ensino, vén de presentar a última versión do seu software Studio 6 para Windows, Mac e Linux, unha ferramenta deseñada para traballar cos tres sistemas operativos máis populares do mercado que permite que calquera aula de ensino poida converterse nun entorno interactivo nun intre.
Este sistema portátil convirte unha pizarra estándar en outra completamente interactiva que se controla dende un ordenador, permitindo traballar e proxectar todo tipo de contidos en diversidade de formatos.
De feito, Mimio propón unha verdadeira solución aos problemas de compatibilidade existentes con outras versións, ofrecendo un sistema completo e adaptable a cada entorno, o Studio 6, que se presenta agora para Mac e Linux.
Segundo vén afirma Isidre Prat, o director de Atlantic Devices, master distribuidor de Mimio Iberia, “o equipo de enxeñaría de Mimio tiña un obxectivo moi claro, e era ofrecer unha solución de software que proporcionara todas as características e funcións que os usuarios puideron probar ata o momento, coa flexibilidade de traballar en calquera dos tres entornos operativos, Windows, Mac OS X ou Linux”.
Deste xeito tódolos usuarios, independentemente do sistema operativo que empreguen, poden disfrutar dunha ampla variedade de contidos didácticos, ademais de compartir as súas propias leccións, creacións animadas e obxectos con profesores de todo mundo, a través do portal de contidos Mimio connect.
Se unha escola traballa con Windows, Mac OS X ou Linux, ou mesmo cunha combinación de sistemas operativos, as pizarras interactivas Mimio e as funcionalidades do novo software, adaptaranse sen ningún problema, “conseguindo no ámbito de estudo un bo equilibrio entre rendemento e valor”, conclúe Isidre.
Esta solución que leva as novas tecnoloxías ata as aulas, xa se está a probar en Cataluña, onde dende o pasado mes de setembro, se instalaron máis de 300 pizarras interactivas co software Studio 6 en catalán adaptado para Linux: Linkat.

PUBLICIDADE