Microsoft podería ofertar licenzas de Windows a menos de 40 euros para apoiar ao proxecto Educación 2.0

martes, 7 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Durante a súa intervención no Foro Sociedad en Red organizado por Europa Press en colaboración con Red.es, a presidente de Microsoft Ibérica, María Garaña, asegurou que para apoiar o proxecto Educación 2.0 do Goberno de España ofertará un paquete que incluiría un sistema operativo «de calidade» e a formación do profesorado a un prezo final que sería «menos do que gasto cada día nunha ensalada» (cuantificación algo confusa, pero que parece estar por debaixo dos 40 euros).
Neste encontro Garaña tamén asegurou Microsoft que investirá uns 3 millóns de euros no novo centro de tecnoloxía sanitaria en Valencia, que pese a ter fracasado nas súas negociacións con Yahoo! manteñen «as portas abertas» a posibles alianzas co seu competidor e que Microsoft non comercializará un teléfono móbil propio, pois centra a súa actividade neste eido na colaboración coas operadoras de telefonía a través do sistema operativo Windows Mobile.


María Garaña destacou a importancia do uso de ordendores nas aulas

PUBLICIDADE