Microsoft poderÃa mercar Discord por 10.000 millóns de dólares
venres, 26 de marzo do 2021
Nas páxinas do The Wall Street Journal dan conta dunhas negociacións
exclusivas de Microsoft para mercar Discord por 10.000 millóns de dólares, operación
que poderÃa completarse o mes que vén, o que poderÃa axudar á compañÃa de
Redmond a mellorar posicións no sector das comunicacións que tanto evolucionou
durante o último ano por mor dos confinamentos que houbo a nivel mundial.
Discord é un servizo de chat que tamén ofrece comunicación por voz e vÃdeo, que
é especialmente popular entre os usuarios de videoxogos, algo que Microsoft xa
tivo moi en conta no deseño dos seus novos
auriculares sen fÃos, que permiten mesturar o nivel de volume da consola de
videoxogos co dunha fonte de audio Bluetooth (entendendo que moitos usuarios
xogan mentres usan Discord no móbil).
Dado que Discord medrou moito nos últimos meses, a compañÃa estaba a buscar
financiamento para poder manterse a longo prazo, polo que de non prosperar as
negociacións con Microsoft terÃa que recorrer a unha saÃda ao mercado bolsista.