Microsoft nega que Windows 7 provoque problemas nas baterías de ordenadores portátiles

martes, 9 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Nas últimas semanas multitude de usuarios protestaron ante problemas coas baterías dos seus ordenadores portátil con Windows 7, o que levou a Microsoft a investigar a incidencia, e finalmente a compañía concluíu que non tiña nada que ver seu sistema operativo, senón que a aplicación de xestión de enerxía limítase a recomendar a substitución dunha batería cando a súa autonomía descende do 40% da súa capacidade teórica (advertencia que non existía en versións anteriores de Windows).
Dende Microsoft insisten en que a súa aplicación só toma a información directamente das propias baterías, e os problemas rexistrados serían consecuencia da pouca calidade das baterías ou da súa degradación natural.

PUBLICIDADE