Microsoft lanzará unha plataforma de mensaxes de vídeo

luns, 25 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Widget do LifeCam Video Messages para a barra lateral de Vista

Microsoft vai ampliar o vindeiro 9 de setembro a súa familia de servizos Live, e os usuarios que conten con webcam no seu equipo poderán gravar e enviar vídeos por correo electrónico dun xeito moi doado a través dunha páxina web desenvolvida para o Windows Live Video Messages (empregando tecnoloxía Silverlight) ou incluso mediante un widget desenvolvido para a barra lateral de Windows Vista.
As mensaxes de vídeo poderán ter unha duración de ata 2 minutos e Microsoft achegará aos seus usuarios 2 Gb de almacenamento para estes vídeos, podendo converterse en toda unha plataforma alternativa para comunicarnos, facendo da videoconferencia un proceso asíncrono.

PUBLICIDADE