Microsoft lanza o Silverlight 3 Beta 1

venres, 20 de marzo do 2009

Microsoft anunciou no evento MIX09 unha nova versión de Silverlight 3.0, tecnoloxía da que xa podemos descargar a versión de proba a través da Internet, e que conta con moitas novidades coma soporte da norma H.264, mellora na aceleración gráfica e no soporte de gráficos 3D.
A versión final de Silverlight 3.0 estará dispoñible a finais de ano, esperando repetir e superar o éxito da anterior versión, que superou os 100 millóns de descargas.

PUBLICIDADE