Microsoft gaña o concurso convocado por Eulen para migrar todo o seu sistema de xestión

mércores, 7 de maio do 2008 Raquel Noya

O Grupo Eulen vén de asinar un acordo de colaboración con Microsoft mediante o cal levará a cabo unha transición dentro de tódolos seus sistemas informáticos na que se inclúe unha migración do seu actual sistema de xestión á solución Microsoft Dynamics AX e a implantación do software de xestión de relacións con clientes Microsoft Dynamics CRM. A decisión de asinar este acordo coa compañía que preside en España Rosa Mª García foi tomada por Eulen ó verse na necesidade de adquirir un sistema que, nas súas propias palabras, “se integrase ben coa súa estrutura informática global e que permitira compartir datos en calquera momento e lugar, con capacidades de movilidade e de despegue en diferentes países”.
Coa implantación das solucións de xestión Microsoft Dynamics AX e Dynamics CRM, Eulen xestionará os principais procesos de negocio de toda a compañía, dende as finanzas ata os recursos humanos, pasando pola xestión de proxectos, a loxística, a intelixencia do negocio, o reporting e a xestión da relación cos clientes.
Os sistemas xestionarán, asemade, áreas tan fundamentais como as políticas de compensación ou a xestión de nóminas, de riscos, de avais ou de impostos.
Este proxecto de migración, para o que se designou un grupo de traballo específico composto por máis de 50 profesionais, desenvolverase en dúas fases, a primeira delas en España e a segunda nas sedes que o devandito Grupo posúe en Latinoamérica.

PUBLICIDADE