Microsoft explica cómo habilitar o acceso a documentos antigos dende Office 2003 SP3

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A última actualización do Microsoft Office 2003, o Service Pack 3, publicado en setembro de 2007, mellora a súa seguridade dun xeito drástico impedindo a apertura de documentos antigos de Word, Excel, PowerPoint e aplicacións de terceiros (Corel Draw, Lotus 1-2-3 ou Quattro) que, por ser inseguros, podería supor un risco para o usuario, o que pode resultar molesto para moitos usuarios que precisen acceder a documentos de versións anteriores a Office 97.
Pese a que non se recomenda, Microsoft publicou na súa web as instrucións precisas para modificar o rexistro do sistema operativo para permitir a apertura dos documentos vellos, aínda que non se considera que haxa moitos usuarios que teñan que facer tal, pois estariamos a falar de arquivos de hai máis de 10 anos, que non foran modificados por versións novas do paquete ofimático de Microsoft.

PUBLICIDADE