Microsoft está a probar unha nova solución P2P

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

Microsoft está a probar privadamente o seu servizo Live Mesh, que ofrecerá a sincronizacion de ficheiros e a súa compartición a través de distintos dispositivos, no que sería unha evolución do Windows Live Foldershare (que era un herdeiro directo do popular servizo de intercambio de música Audiogalaxy).
Este novo servizo aínda parece estar moi inmaturo, pero podería converterse nunha interesante plataforma para un futuro no que o almacenamento, as aplicacións e os contidos poidan superar os ordenadores e situarse na nube da Internet, o que melloraría a súa dispoñibilidade e iría na dirección actual na que se tende a unha Rede ubicua e se fuxe dos escritorios para poder achegar aos nosos recursos en calquera momento e lugar.
Incluso e posible que nun par de meses teñamos unha versión de Mesh para Mac OS X, polo que o servizo parece ter aspiracións de continuidade e uso masivo.

PUBLICIDADE