Microsoft anuncia a compra de Danger

martes, 12 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Bach anunciando a compra de Danger

Para mellorar a súa presenza entre os consumidores móbiles Microsoft anunciou a adquisición de Danger, empresa responsable de aplicacións e servizos moi populares en terminais de telefonía móbil.
A operación permitirá que Microsoft se beneficie dos preto de 10 anos de experiencia en servizos móbiles de Danger, empresa californiana que prové servizos que permite á xente estar en contacto, organizarse e manterse informados a través de mensaxería en tempo real, servizos de redes sociais, navegación web e aplicacións para a xestión de información persoal.
Robbie Bach, presidente da división de Lecer e Dispositivos de Microsoft, foi quen anunciou esta compra durante o Mobile World Congress de Barcelona, asegurando que «cremos que alí onde esteas, o teu teléfono permitirá levar o teu mundo enriba».

PUBLICIDADE