Microsoft alonga a vida de Windows XP ata 2010 por mor dos ordenadores de baixo custo

xoves, 5 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Pese a que Microsoft anunciou que este verán daría carpetazo a Windows XP, de xeito que o seu veterano sistema operativo deixaría de poder adquirirse para equipos informáticos cunha excepción: os ultraportátiles de baixo custo, que contarían cunha edición de XP ante a imposibilidade de funcionar baixo Windows Vista. Agora, dende Microsoft flexibilizan esta norma, e non só seguirán venden o XP para ultraportátiles, senón que tamén levarán o seu sistema operativo a outros ordenadores de baixo custo, que esperan que se vendan para usos educativos ou para mercados en vías de desenvolvemento, e que se chamarían nettops en contraposición aos netbooks (os ultraportátiles de baixo custo).
Deste xeito podemos asegurar que Windows XP alonga a súa vida ata 2010, para alegría de moitos usuarios que non gustan de Windows Vista e queren quedar cubertos ata a chegada do futuro Windows 7.

PUBLICIDADE