Microsoft adapta os seus últimos produtos ó catalán

luns, 14 de maio do 2007 Marcus Fernández

O 1 de xuño chegarán ás tendas os primeiros ordenadores con Windows Vista en catalán, mentres que o paquete de tradución a tal lingua esta dispoñible dende primeiros de abril. Pero esta iniciativa lingüística non queda soa, e Microsoft vén de lanzar unha versión da súa web baixo o dominio .cat de xeito que aglutina os recursos en catalán da compañía de Redmond.
Ademais, para que ós cidadáns cataláns chegue a información necesaria para contar co seu propio Windows en catalán lanza unha campaña chamada Fes un clic al català (Fai un click ó catalán) que premiará ós usuarios que promovan a tradución do Windows ó catalán.
Velaquí o spot promocional do Windows Vista en catalán:


Mentres que os cataláns non parecen ter problemas en ter o novo sistema operativo de Microsoft, os galegos aínda no temos a mesma sorte, de xeito que nos temos que conformar con ter traducidos o Windows XP e o Office 2003, mentres que as versións en galego da web de Microsoft, de Windows Vista e do Office 2007 parece que terán que agardar.