Microsoft Mesh será o vindeiro paso da realidade mixta
mércores, 3 de marzo do 2021
Durante a celebración do evento Microsoft Ignite 2021
a compañÃa de Redmond presentou novas ferramentas, iniciativas e servizos que
buscan adaptarse ao complexo contexto global e que sorprendeu por destacar o
concepto de telepresenza que veñen sostendo dende hai anos, pero que agora toma
un rumbo concreto para dar lugar ao que chaman Microsoft Mesh, que é un
desenvolvemento da realidade mixta que busca crear a sensación real de presenza
permitindo que persoas que estean en distintas localizacións poidan compartir
un espazo tridimensional co que interactuar mediante hologramas. Mesh
integrarase con Microsoft Teams e Microsoft Dynamics 365, e permitirá que outras
compañÃas poidan construÃr experiencias e aplicacións nesta prometedora
plataforma.
O uso da tecnoloxÃa de HoloLens para interactuar con elementos virtuais e
compartir este mundos virtuais integrados na realidade son a base desta
tecnoloxÃa dende os seus inicios, pero con Mesh enténdese que o eixe será a
presenza e as experiencias compartidas dende calquera lugar, facendo posible un
futuro para o traballo e a educación que hoxe parece ciencia ficción, pero que
está moi próximo a ser realidade, aÃnda que haberá que agardar anos a que os
cascos de realidade mixta consigan ser máis confortables e melloren o seu campo
de visión (que actualmente é moito máis limitado que os dos cascos de realidade
virtual).
VÃdeo de presentación de Microsoft Mesh