Microsiervos aparece en The Observer coma un dos blogs máis influíntes do mundo

luns, 10 de marzo do 2008

The Observer publicou o pasado domingo un artigo no que recollía os 50 blogs máis influíntes do mundo, nunha listaxe que incluía Microsiervos na 14ª posición, superando mesmo ó blog de trebellos tecnolóxicos de referencia, Engadget, que quedou no posto 16.
A meirande parte dos blogs recollidos son norteamericanos, polo que a presenza do blog que conta cun co-autor coruñés resulta máis destacable.

PUBLICIDADE