Micromax supera a Samsung na India
mércores, 4 de febreiro do 2015
Os grandes fabricantes de telefonÃa móbil o teñen cada vez
máis difÃcil para manter as súas posicións de liderado, e os mercados asiáticos
parecen ser os máis competitivos actualmente, o que fai posible unha situación
que até hai pouco poderÃa parecernos imposible, como que Samsung deixase de ser
o primeiro vendedor de smartphones na India, xa que a
compañÃa local Micromax conseguiu arrebatarlle o liderado conseguindo ocupar o
22% do mercado (mentres que o fabricante surcoreano tivo que conformarse co
20%).
Estes datos veñen dun informe publicado esta semana por Canalys que resulta
especialmente relevante polo feito de que a India é o segundo mercado mundial
en volume de teléfonos móbiles (só detrás de China) e o terceiro en
smartphones, ou sexa, que a emerxencia dos smartphones de baixo custo está a
provocar que a poboación xeral pase a utilizar estes dispositivos avanzados e
abandone os teléfonos móbiles básicos.
Dende Canalys estiman que a cuarta parte dos teléfonos vendidos na India no
último trimestre de 2014 non chegaban a un prezo de 100 dólares, e o 41% dos
dispositivos tiñan un prezo de entre 100 e 200 dólares, deixando claro que as
gamas baixa e media de smartphones están a xogar un papel decisivo na
penetración destes dispositivos nos mercados emerxentes.