Mi Vodafone integrará un marketplace

martes, 7 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Vodafone está a anunciar que antes do verán porá en marcha un marketplace que ofrecerá produtos de fogar, seguridade, saúde, mobilidade urbana, deportes e xoguetes, así como dispositivos electrónicos, converténdose na primeira operadora no mercado español en ofrecer unha tenda de produtos deste tipo.
A intención da operadora é ir ampliando as categorías desta tenda en liña para cubrir as distintas necesidades dos seus clientes. Este proxecto está a desenvolverse da man de Mirakl e Adyen, integrará os produtos na aplicación Mi Vodafone e ofrecerá produtos de máis dun cento de vendedores escollidos mediante criterios de calidade e responsabilidade social.

PUBLICIDADE