Metropark premia cun ordenador portátil ao mellor logotipo

mércores, 15 de abril do 2009 Raquel Noya

A empresa inmobiliaria Metrovacesa, a través da súa filial de aparcamentos Metropark, e en colaboración coa Concellaría de Educación de Santiago de Compostela, vén de anunciar a celebración dun concurso de pintura para escoller o logotipo do novo aparcamento público Choupana, situado xunto ao Hospital Clínico da capital galega.
O concurso, que vai dirixido a escolares de entre 9 e 12 anos dos centros de ensino da área compostelá, ten como premio un ordenador portátil, que recaerá naquel alumno ou alumna que presente o debuxo máis original perante os ollos do xurado.
O prazo de presentación dos traballos comezou onte e remata o vindeiro 30 de abril.
Os debuxos deberán ser enviados por correo postal á Concellaría de Educación, no Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro, 15705, Santiago de Compostela.

PUBLICIDADE