Método económico para gravar vídeo en 3D
xoves 18 de febreiro do 2010, por |
As 3D están a
converterse no fenómeno audiovisual do ano, pero a súa produción non é algo que
teña que custar millóns de dólares, coma demostran Ron e Amy Jo Proctor nunha
páxina web na que detallan
cómo crear un dispositivo de captura de vídeo estereoscópico
valéndose de 2 cámaras Kodak Zx1, un trípode e uns poucos complementos para
poder simular a percepción tridimensional que captan os nosos ollos ao separar
as dúas cámaras empregadas uns 6,5 centímetros.
Este invento custa en total uns 250 dólares, polo que é unha solución moi
económica para poder rexistrar vídeo en 3D, que incluso poderemos gozar sen
contar cun televisor especial empregando uns económicos lentes de cores que
permitan ver anaglifos coma o seguinte vídeo de proba:

- Os compoñentes precisos para montar un económico sistema de gravación estereoscópica
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















