Metallica podería seguir os pasos de Radiohead e Nine Inch Nails aproveitando a Rede para publicar a súa música

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

Moitos grupos musicais están a comezar a apostar pola Internet para facer negocios, coma Nine Inch Nails e Radiohead, pero o que sorprende agora é a posibilidade de que Metallica tamén se sube ao carro segundo unha entrevista para a revista Rolling Stone, pois o grupo foi un dos principais detractores de redes P2P coma Napster (acusando a máis de 300.000 persoas por descargar ilegalmente a súa música).
Lars Ulrich asegurou que o seu grupo podería aproveitar as posibilidades da Internet asegurando que na actualidade xa venden cancións pola Rede en formatos FLAC e MP3 e que nunca se posicionaron contra as descargas «per se». Non deixa de resultar rechamante esta postura que parece radicalmente diferente á que mantiñan hai 8 anos.

PUBLICIDADE