Meta despedirá ao 18% dos seus traballadores en España

mércores, 28 de decembro do 2022 Marcus Fernández

En novembro Meta anunciou que despediría a máis de 11 mil traballadores a nivel global, o que sería aproximadamente o 13% do seu cadro de persoal, e finalmente coñecemos as repercusións desta operación en España, onde o Expediente de Regulamento de Emprego afectaría a preto do 18% do persoal, polo que entre 30 e 35 traballadores comezarán 2023 sen emprego.
O acordo pechado cos traballadores inclúe unha indemnización de 3 meses extra de salario e remuneración en accións, o que dende El Confidencial aseguran que son unhas condicións moito mellores das que os traballadores afectados esperaban, aínda que iso non impida que os profesionais teñan a sensación de ter sido enganados, xa que no mes de marzo Meta comprometérase a fichar a 2.000 persoas en España nos vindeiros 5 anos para potenciar a súa aposta polo Metaverso, así como tamén aseguraban que incrementarían o seu espazo de oficinas en Madrid e abrirían un centro de datos en Talavera (onde empregarían a unhas 250 persoas), plans que agora parecen quedar no esquecemento, xa que entre os traballadores que deixarán Meta están os que se encargarían destes proxectos.

PUBLICIDADE