Mestrelab loce capacidade de desenvolvemento na visita de Francisco Conde ás súas instalacións
luns, 1 de marzo do 2021
O vicepresidente
económico, Francisco Conde, visitou este
luns primeiro de marzo
as instalacións en
Santiago da empresa
Mestrelab, que
deseñou un software que están utilizando as principais
farmacéuticas que desenvolven a vacina contra a COVID-19.
“Iniciativas
como Mestrelab”,
sinalou Conde,
“animan á Xunta a seguir apostando polo programa de Fábrica
Intelixente e Sustentábel
co obxectivo de apoiar o salto dixital do tecido empresarial galego”.
A empresa Mestrelab puxo en
marcha un software que, ademais de utilizalo as principais
farmacéuticas para as vacinas, tamén están a facer seu uso outros
organismos, universidades e clientes industrias. “Este é o camiño
que temos que seguir mantendo porque a diferenciación de Galicia vén
polo coñecemento. A I+D+i é o elemento clave que permite que as
empresas se poidan diferenciar”, subliñou Francisco Conde.
Nesta mesma liña de apoio á
área de I+D+i, a Xunta vén de convocar a nova edición do programa
que inclúe axudas por 21M € que permitirán o desenvolvemento en
Galicia de nove proxectos de I+D+i de sectores estratéxicos como a
automoción, o alimentario, as enerxías renovables, a industria da
madeira ou a loxística. Desta a súa posta en marcha, Fábrica
Intelixente e Sustentable apoiou 24 proxectos nos que participaron 68
empresas e organismos públicos e privados cunha mobilización de
272M €.