Melloran a interface de Google Reader

luns, 2 de outubro do 2006

O lector de novas a través de fluxos RSS de Google vén de estrear unha nova interface mellorada, máis semellante ó sistema de correo electrónico GMail e que permite realizar un seguimento doado dos novos medios favoritos (que permitan a sindicación de contidos).
A nova interface de Google Reader permite marcar elementos coma lidos ou non lidos, inclúe cartafoles de navegación, permite compartir elementos con amigos nun so click, e outras melloras que poderían achegar unha fusión próxima entre o Google Reader e o GMail (lembremos que clientes de correo electrónico coma Mozilla Thunderbird tamén permiten seguir fluxos RSS).
Moitos usuarios tamén agradecerán que presente unha versión adaptada para dispositivos móbiles, de xeito que podemos estar ó día dende calquera lugar.

PUBLICIDADE