Melide inaugura o seu telecentro de comunicación

luns, 17 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O director xeral de Comunicación Audiovisual e a alcaldesa de Melide durante a inauguración do Telecentro de Comunicación melidense

Hoxe o director xeral de Comunicación Audiovisual e a alcaldesa de Melide inauguraron o telecentro de comunicación do concello sito no Edificio Multiusos, co que pretenden achegar aos veciños a novas canles de comunicación, converten as instalacións (equipadas con 20 terminais de ordenador) nun espazo apropiado para iniciarse no mundo da comunicación audiovisual e a alfabetización dixital.
No acto participaron preto de 50 alumnos do CEIP Mestre Pastor Barral, o tenente de alcaldesa, Manuel Prado, e outros membros da corporación municipal e os representantes das asociacións municipais.
O alcalde de Vedra, Odón Cobas García, deu por videoconferencia a benvida ao concello de Melide á Rede de Telecentros de Comunicación.

PUBLICIDADE