Melide inaugura o seu Telecentro de Comunicación

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O telecentro de Melide <a href="http://codigocero.com/Melide-inaugura-o-seu-Telecentro">durante a súa inauguración</a>Hoxe se inaugurou en Melide un telecentro sito no Edificio Multiusos da vila, e para celebrar a incorporación deste local á Rede de Telecentros de Comunicación o director da película Pradolongo, Ignacio Villar, ofreceu unha videoconferencia sobre a evolución da curtametraxa á longametraxe e a súa experiencia como cineasta ao que seguiu unha sesión de curtas na rede.
Esta nova infraestrutura con cun equipamento de 20 ordenadores persoais, impresora láser, equipamento para a realización de videoconferencia, pantalla de plasma, cámaras, TDT, micrófonos, pantalla de proxección motorizada e distinto material que habilitan o local para encontros multimedia, conferencias, cursos ou presentacións que pretenden axudar á alfabetización dixital no rural galego.

PUBLICIDADE