Melide celebra a súa I Semana do Software Libre
martes, 21 de abril do 2009
A vila de Melide
celebra estes dÃas a súa I Semana do Software Libre, comezando este luns cunha
charla no Instituto de Ensino Secundario local para que os mozos de 4º da ESO e
2º de Bacharelato puidesen coñecer mellor o mundo do Software Libre e o sistema
operativo Galinux (do que se lles regalou unha copia), continuando na xornada
de mañá cunha presentación aos membros da Asociación de Empresarios Terra de
Melide (Asetem) ás 20:30 horas, aos que se lles darán a coñecer aplicacións de
Software Libre para a oficina e, especialmente, solucións de facturación e
contabilidade, centrándose no ERP Abanq (antes coñecido coma Facturalux) grazas
á colaboración de José Limeres (da arousá BoroTelecom) coa organización do
evento, a nova Asociación de Usuarios de Software Libre de Melide (MeLISA) que
terá na fin de semana a súa posta de longo, xa que contará cun expositor na V
Foliada de Melide.
Durante esta celebración, a Asociación presentará a súa nova páxina web e tamén presentará
Galinux, completando as súas actividades cunha zona de xogos infantÃs, a demostración
do simulador Flightgear, talleres GNU/Linux… permitindo que os visitantes
poidan achegarse a este mundo.