Meinrad Spenger convértese no conselleiro delegado de Euskaltel, grupo ao que pertence R

martes, 10 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Meinrad Spenger é o fundador e conselleiro delegado de MásMóvil

Completada a OPA do Grupo MásMóvil por Euskaltel, celebran a integración de Euskaltel, Telecable, Virgin telco e R e proceden rapidamente á renovación do Consello de Administración de Euskaltel, presidido por Xabier Iturbe, de xeito que José Miguel García deixa o seu posto de conselleiro delegado, que pasa a estar ocupado por Meinrad Spenger, o conselleiro delegado de MásMóvil.
Spenger manifestou a súa satisfacción por ter acadado un extraordinario respaldo na OPA sobre Euskaltel, de xeito que en breve o Grupo Euskaltel será unha compañía 100% privada (o apoio do 97,67% do capital social permitirá iniciar o procedemento de squeeze-out da compañía), e declarou que «o novo Consello de Administración que anunciamos hoxe xunta experiencia, un amplo coñecemento de Euskadi, Asturias e Galicia e a ilusión que precisamos para impulsar o noso proxecto de crecemento en beneficio dos clientes».
Tras a toma de control de Euskaltel polo Grupo MásMóvil, o Consello de Administración acordou unha composición das comisións de Control e Auditoría, Nomeamentos e Remuneracións que garanta o correcto funcionamento da compañía e o cumprimento das normas de bo goberno. A Comisión de Control e Auditoría e a de Nomeamentos están presididas por Iñaki Alzaga, participando nas mesmas tamén Beatriz Mato, quen preside a Comisión de Remuneracións.

Novo vídeo promocional do Grupo MásMóvil tras a toma de control de Euskaltel

PUBLICIDADE