Medra a penetración da Rede nas empresas españolas segundo o INE

xoves, 9 de novembro do 2006

O ano 2006 comezou co 92,7% das empresas españolas de 10 ou máis empregados con acceso á Internet, o que supón un incremento de preto de 3 puntos con respecto do ano anterior segundo a enquisa do Instituto Nacional de Estatística sobre o uso das TIC nas empresas, estando moi espallado o uso dos ordenadores (no 98,4% dos casos) que incluso están conectados en rede en moitos casos (o 70,8%).
Ademais, o 90,5% das empresas contan con correo electrónico, e incluso o 40,5% das empresas aseguran que están a substituír en grande medida o correo ordinario polo e-mail. No tocante ás páxinas web, o 50,2% das empresas contan con unha, o que nas empresas de 250 ou máis traballadores chega ó 82,9%.
Incluso a banda larga ten moita forza nas empresas, xa que é a solución adoptada polos 94% das compañías para o seu acceso á Rede, predominando as tecnoloxías DSL co 90,5% dos casos mentres baixan os accesos a través de módem ou RDSI.

PUBLICIDADE