Medium, unha nova plataforma que busca reinventar a publicación na web
xoves, 16 de agosto do 2012
Os fundadores de Twitter, Ev Williams e Biz Stone, están a
probar unha nova plataforma de publicación na web, Medium, que asegura ser unha
“reimaxinación da publicación nun intento de dar un salto evolutivo,
baseado en todo o que aprendemos nos últimos 13 anos e nas necesidades do mundo
de hoxe” no que moitos ven como unha mestura entre Tumblr e Pinterest, por
agrupar entradas tipo blog en coleccións que comparten unha aparencia e que
están abertas a valoracións doutros usuarios (o que afecta á visibilidade das
entradas).
Polo momento os usuarios poden entrar a
probar a nova plataforma identificándose coa súa conta de Twitter (para poder
ver e valorar positivamente as entradas das que máis gustemos), pero a
publicación de contidos aínda non está aberta ao público en xeral, pois o
servizo está en desenvolvemento e os seus distintos elementos aínda non están
debidamente conectados.
Haberá que ver se hai espazo para esta nova plataforma, pero en vista quen son
os seus responsables (que lanzaron Blogger no seu día) o interese por Medium
parece máis que xustificado.