Mediaset estreará nun par de semanas unha canle de TDT dirixida ao público feminino

luns, 17 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Mediaset España confirmou esta tarde que o vindeiro 2 de xaneiro vai ampliar a súa oferta de canles de televisión con Nueve, nova oferta televisiva dirixida ao grande público feminino a través dunha grella de programación na que convivirán xéneros diversos como miniseries, telenovelas, series de ficción, programas de actualidade, talent shows, espazos divulgativos e, a partir de febreiro, unha fiestra de 12 horas aberta á 14ª edición do programa Gran Hermano.
Nueve emitirase na canle 67 da TDT, ocupado actualmente por Cuatro, Divinity, laSexta, laSexta3 e La Tienda en Casa, desaparecendo esta última emisión da oferta de Mediaset, compañía a vindeira semana iniciará unha campaña de autopromocións para dar a coñecer a nova oferta que comercializará a súa publicidade de xeito conxunto con Factoría de Ficción e LaSiete, buscando así chega a un amplo abano de público.

PUBLICIDADE