MediaMarkt celebra até este martes o Día sen IVE

luns, 31 de xaneiro do 2011 Fernando Sarasketa

A multinacional de electrónica de consumo MediaMarkt, que ten sedes en Vigo, A Coruña e Lugo, vén de informar da posta en marcha dunha oferta que pode interesar a máis de un comprador potencial de equipamento tecnolóxico-dixital. Trátase do Día sen IVE, unha campaña para os clientes que vai durar este luns 31 de xaneiro e o martes 1 de febreiro e que consiste no que se indica no seu nome: a eliminación temporal da dita taxa. A oferta, que se pon en marcha por cuarto ano consecutivo en tódalas tendas que a cadea ten espalladas por España, vén a xuízo de MediaMarkt máis a conto ca nunca, e máis tendo en conta como aperta a crise.
Deste xeito, informa, tódolos establecementos de España, incluíndo o das Illas Canarias, ofrecerán durante as dúas ditas xornadas un desconto equivalente ao importe do IVE, aplicable a cada produto incluído nas 50.000 referencias de marca (agás os libros, produtos de telefonía con operador e servizos) que se poden atopar en cada unha das 55 tendas da cadea.

PUBLICIDADE