MeQuedoUno trae as ofertas diarias de produtos tecnolóxicos a España

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

As compañías que ofertan liquidacións a través da Internet para captar un alto volume de pedidos son xa habituais na Internet, e agora chega unha co modelo de unha oferta cada día, baixo o nome MeQuedoUno, que botou a andar este luns, e que achega produtos de electrónica a bo prezo, que estréase cun disco duro multimedia Iomega ScreenPlay HD 640 Gb por só 89,99 euros (+ 5 euros de gastos de envío).
No caso mencionado estariamos ante un prezo bastante reducido, e para ilustralo podemos precisar que o prezo habitual do modelo de 1 Tb do disco duro multimedia de Iomega é de 129 euros, polo que parece claro que estamos ante unha liquidación dun modelo practicamente desaparecido do mercado (ante maiores capacidades de disco).
Os interesados neste tipo de ofertas poderán recibir alertas diarias a través de correo electrónico ou facer un seguimento dende Facebook ou Twitter.

PUBLICIDADE