Mauro Fernández Dabouza será o novo director do CESGA
luns, 12 de novembro do 2018
O padroado do Centro de
Supercomputación de Galicia (CESGA) do pasado dÃa 3 de outubro aprobou por
unanimidade o nomeamento do novo director-xerente do centro, en substitución de
Javier GarcÃa TobÃo, xubilado recentemente. O novo director do centro será
Mauro Fernández Dabouza, técnico superior diplomado en Informática da Xunta
(antigo analista-programador) que posúe o diploma do Curso Superior en
Dirección de Sistemas e TecnoloxÃas da Información (FEGAS) e pertence á Escala
Técnica Auxiliar de Informática e ao Corpo Administrativo da Xunta. Ocupou
diversos postos na Administración Pública e nos últimos nove anos, dende xuño
de 2009, exerceu de director xeral do Centro Informático para a Xestión
Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) da ConsellerÃa de Facenda.
Entre as funcións que desempeñou como director do CIXTEC
figuran: propoñer as liñas estratéxicas de actuación e o programa anual, a
elaboración dos orzamentos, memoria e balance, elaborar a proposta de estrutura
e dotación de persoal. Durante dous anos, desempeñou o cargo de consultor
independente na ConsellerÃa de Sanidade da Comunidade de Madrid na
planificación da informatización de sete hospitais madrileños.
Asà mesmo, durante doce anos, de 1995 a 2007, ocupou a
xefatura de sección do Centro de Servizos Tecnolóxicos do Sergas, planificando
e coordinando as iniciativas TIC da ConsellerÃa de Sanidade e do Sergas. E, con
anterioridade, dende 1989 ata 1995, traballou como técnico de sistemas no
centro de proceso de datos da Xunta. Ademais, achega unha experiencia de tres anos
na empresa privada e realizou relatorios e presentacións en congresos sobre
temáticas como a transformación dixital das administracións públicas ou as
aplicacións tecnolóxicas para o sector sanitario.
Como director-xerente do CESGA correspóndenlle, entre outras
tarefas, dirixir a organización e actividades cientÃficas, de innovación e
servizos do centro; xestionar a captación de fondos; elaborar o orzamento
anual; desenvolver a polÃtica de persoal e informar regularmente ao padroado
dos resultados da súa xestión.