Mattel quere que os nenos fabriquen os seus xoguetes con impresoras 3D
luns, 15 de febreiro do 2016
No marco da New York Toy Fair 2016 Mattel fixo un grande
anuncio: o relanzamento
da marca ThingMaker adaptándoa aos novos tempos. ThingMaker era un produto
dos anos 60 que consistÃa nunha serie de moldes que podÃan encherse para
fabricar as pezas de distintas figuras coas que despois xogar, ou sexa, unha
curiosa solución para que os cativos construÃsen os seus propios xoguetes indo
moito máis aló que os agasallos dos ovos Kinder, e que preparan o seu retorno
substituÃndo os seus clásicos moldes por unha impresora 3D, animando asà a
converter esta tecnoloxÃa nun entretemento para toda a familia, que facilite a
creación de bonecas, robots, dinosauros e incluso accesorios que poder vestir.
Deste xeito ThingMaker 3D será unha
solución baseada nunha impresora 3D e nunha aplicación de deseño (para iOS
e Android)
moi doada de empregar, e que facilita que os elementos que se compoñan coa
mesma conten con puntos de ensamblaxe que despois faciliten a súa montaxe
final.
Para crear este novo produto Mattel contou coa colaboración de Autodesk,
compañÃa con grande experiencia en tecnoloxÃa de deseño asistido por ordenador,
e a súa comercialización botou xa a andar a súa maquinaria, de xeito que a
ThingMaker 3D Printer xa está dispoñible para a súa reserva en Amazon a un
prezo de 299,99 dólares, aÃnda que o produto non chegará realmente ao mercado
até o 15 de outubro. A impresora será compatible con filamentos de distintas
cores e a ThingMaker Design App (que
xa está dispoñible de balde) tamén funcionará con outras impresoras, deixando
claro o interese de Mattel de construÃr todo un ecosistema ao redor da súa
marca.
- Para deseñar os nosos propios xoguetes podemos empregar unha sinxela aplicación que podemos descargar de balde
- Baixo a marca ThingMaker existÃan numerosos produtos nos anos 60 baseados en moldes para construÃr figuras
VÃdeo no que podemos ver a ThingMaker 3D Printer en vivo