MásMóvil compra Yoigo por 612 millóns de euros

martes, 21 de xuño do 2016 Marcus Fernández

MásMóvil anunciou hoxe a adquisición do 100% das accións de Xfera Móviles S.A. (Yoigo), o cuarto operadore de telefonía móbil español con presenza estatal e rede de seu, por unha valoración da compañía de 612 millóns de euros (incluíndo débeda e préstamos a accionistas) tras acadar un acordo cos seus actuais accionistas. A operación permite a MásMóvil fornecer a súa posición como cuarto operador converxente de telecomunicacións en España, dispor de infraestrutura propia de telefonía móbil e fixa e beneficiarse das sinerxías que supón a operación (confían nun aforro de custos de máis de 60 millóns de euros durante 2019, para o que precisarán asumir un custo de integración de até 50 millóns de euros en 3 anos).
A compra de Yoigo financiarase mediante unha combinación de débeda e capital 60/40 respectivamente, estando a operación suxeita á aprobación da Comisión Nacional do Mercado e a Competencia, confiándose en que poida completarse antes de rematar o ano.
Esta operación chega tras a compra de Pepephone, operacións que levan a MásMóvil a sumar preto de 4,3 millóns de clientes, dos que 4,2 millóns serían de móbil e uns 70.000 de banda larga fixa. MásMóvil sitúase así nunha posición de mercado que permitiralle competir mellor no actual contorno do mercado das telecomunicacións en España, onde imperan as ofertas converxentes.

PUBLICIDADE