Mancomún publica unha nova versión de AraOS

luns, 18 de maio do 2009 Marcus Fernández

Co gallo do Día das Letras Galegas e Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información dende Mancomún liberaron unha nova versión do metapaquete AraOS para Ubuntu 9.04, que facilita a galeguización do sistema operativo aberto e modifica a súa aparencia gráfica. Esta solución pode instalarse coma engadido a Ubuntu, ou coma sistema operativo completo (e mesmo coma LiveCD, o que permite probalo sen gravar información no disco duro do noso ordenador).
O AraOS 9.04 inclúe a tradución ao galego de aplicacións coma OpenOffice.org, Thunderbird e Firefox, incluíndo coma predeterminado o corrector ortográfico en galego. Esta ferramenta é a empregada para a creación da distribución Galinux, pero tamén é posible facer distribucións á medida dun sector concreto, valéndose de AraOS, de xeito que moitos colectivos poden contar co seu propio Linux.
Dende Mancomún tamén deron a coñecer a tradución ao galego de Ubunchu, o primeiro manga sobre Ubuntu, que pretende servir para facer máis popular o Linux entre os mozos.

Imaxe do manga Ubunchu

PUBLICIDADE