Mañá preséntase o resultado de As TIC na Administración Local

martes, 3 de marzo do 2009 Raquel Noya

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vai presentar, mañá mércores 4 de marzo, os resultados do informe As TIC na Administración Local, nun acto que contará coa presenza do director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, e do director xeral de Red.es, Sebastián Muriel.
A presentación tamén contará coa presenza do director xeral para o Impulso da Administración Electrónica, Juan Miguel Márquez e do secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Gabriel Álvarez.
O acto terá lugar na Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, en Madrid.

PUBLICIDADE