Malpica renova a súa páxina web

martes, 11 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O Concello de Malpica de Bergantiños, para achegarse aos seus veciños e visitantes, vén de renovar a súa páxina web, dotándoa dun novo sistema de actualización de contidos que permitirá ao Concello dar información en tempo real do que acontece na vila.
O novo espazo foi desenvolvido por Abertal, presenta tecnoloxías visuais e efectistas como características fundamentais e entre os seus contidos destacan os dirixidos ao sector do turismo, ofrecéndose tamén información detallada sobre establecementos e rutas turísticas.
Pero cidadáns da vila tamén poderán atopar contidos do seu interese, con servizos de emprego, servizos sociais, acceso aos procedementos de contratación pública (mellorando a transparencia da administración local) e mesmo acollendo un apartado específico para a Olería de Buño.

PUBLICIDADE